Un código QR recreará a actividade e as instalacións das Salinas do Ulló
Por Redacción
O Concello de Vilaboa quere crear un código QR para que os visitantes das Salinas do Ulló poidan ver nos seus móviles o entorno e entender o traballo de recollida e procesado da sal que se facía nesas instalacións.
A iniciativa susténtase na aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo. Tamén inclúe a renovación da sinalización de todo o entorno.
A concelleira de Promoción Económica, Carme Gallego, explicou que se trata dunha recreación "espectacular", que ecolle os antigos canais e xeito de traballar coa sal naquel momento "con tanto realismo que incluso se aprecia o muiño de mareas".
O alcalde, César Poza, explicou que o proxecto conta co respaldo de todo o tecido social de Vilaboa e xa conseguiu unha das máximas puntuacións na primeira selección feita polo GALP Ría de Vigo. Debe esperar agora a resolución definitiva que dicte a Consellería de Mar.
Así mesmo, o equipo de Poza solicitará a catalogación como Ben de Interese Cultural e Patrimonial debido a que as Salinas do Ulló son de orixe romana e en Galicia sólo quedan tres destas características, unha Vigo e outra en Betanzos ademais da de Vilaboa.
Este proxecto súmase á idea do Concello de convertir as granxas nunha ruina visitable, un expediente que só se pode iniciar tras xestionar a cesión de uso por un número determinado de anos.
Relacionadas:
-
Vilaboa presentará o día 21 os resultados do estudo de realidade aumentada das Salinas do Ulló
Por Redacción |
-
Ons recibiu a 80.000 visitantes este verán
Por Redacción |
-
Vilaboa explota o interese turístico das Salinas do Ulló con visitas guiada en agosto
Por Redacción |
-
Vilaboa proponlle a Costas un paseo litoral entre as Salinas e o Forno da Cal
Por Redacción |