Unha nova pasarela de madeira une Calvelo coa Ponte Colgante sobre o Lérez
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, visitou este sábado a pasarela de madeira que se colocou para unir Calvelo coa Ponte Colgante que atravesa o Río Lérez neste lugar, cun trazado de 50 metros. En toda esta zona realizáronse labores de roce nas marxes da ruta para renovar a imaxe deste fermoso espacio, mellorando o acceso ao lugar.
Estas actuacións enmárcanse dentro da subvención que recibiu o Concello por parte da Xunta de Galicia para mellorar espacios da Rede Natura, apostando polo medio ambiente e a paisaxe como política de progreso.
Ademais desta actuación, o Concello tamén actuará na ruta de senderismo de San Xurxo de Sacos e no espacio da famosa Neveira de Caroi, para poñer en valor a potencialidade que posúe Cotobade dende o punto de vista ambiental e paisaxístico.