A área sanitaria baixa aos 25 pacientes hospitalizados e suma 37 novos positivos nun día
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés chega a este venres 23 de abril cun total de 466 casos activos de covid-19 tras sumar na última xornada 37 novos positivos detectados en probas PCR e de antíxenos. Nesa mesma xornada, realizáronse 1.311 probas PCR.
Segundo o último balance oficial do Servizo Galego de Saúde, eses 466 casos activos son cinco máis que o día anterior debido a que nesa xornada déronse 32 altas a pacientes que xa se curaron.
Deses 466 casos activos, 441 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que se recuperan nos seus domicilios e 25 están ingresados nos hospitais da área sanitaria.
Nos hospitais constouse na última xornada unha nova melloría en canto a menor presión asistencial. Así, hai 25 pacientes, tres menos que un día antes.
Non hai cambios na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, que mantén 5 pacientes graves, pero si se reduciron as persoas ingresadas en planta de hospitalización. Son 20 en total, 13 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 7 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 12.758 pacientes e faleceron 170. En total, realizáronse 203.513 probas PCR na área sanitaria.
EVOLUCIÓN EN GALICIA
A nivel autonómico, este venres os casos activos han subido ata 2.939, 64 máis que o xoves, tras confirmarse 253 positivos novos nunha xornada.
Nos hospitais galegos hai 199 pacientes, cinco menos que o xoves. Deles, 156 están están en planta e 43 na unidade de críticos, 2 máis nunha xornada.
Vigo confírmase como a área sanitaria máis afectada de Galicia con 823 casos activos, 34 nun día. Ademais, subiu os casos na Coruña, con 728 (29 máis); Pontevedra, con 466 (5 máis); Ourense, con 263 (2 máis); e Ferrol, con 110 (6 máis). Baixan en Lugo, que ten 210 (1 menos); e Santiago, con 339 (11 menos).
Relacionadas:
-
Xornada sen apenas cambios con 469 casos activos e 21 hospitalizados por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Nova vítima por covid-19 no Hospital Montecelo, un home de 88 anos
Por Redacción |
-
A área sanitaria confirma 34 novos positivos nun día e alcanza os 461 casos e 28 pacientes hospitalizados
Por Natalia Puga |
-
Falece por covid-19 unha muller de 101 anos no seu domicilio en Poio
Por Redacción |