Unha persoa falece en Meis nun accidente cun tractor
Por Redacción
Nova vítima mortal como consecuencia dun accidente cun tractor. Esta vez ocorreu en lugar de Rialdonio, na parroquia de San Lourenzo de Nogueira do municipio de Meis. O suceso produciuse ao redor das 16.15 horas desta tarde, cando varios particulares contactaron co 112 para alertar do accidente dunha persoa coa súa motocultor.
De forma inmediata, o 112 mobilizou unha ambulancia do 061 e alertou á agrupación de Protección Civil de Meis e á Garda Civil. Con todo, cando o equipo sanitario chegou ao lugar non puido facer nada reanimar a esta persoa que, ao parecer, quedou atrapado entre o tractor que manexaba e a rama dunha árbore.
Coa chegada da primavera e o inicio da época de sementa, o uso destes vehículos agrícolas increméntase.
Cada ano son numerosos os sucesos graves que se producen por accidentes con este tipo de vehículos, é por iso que as autoridades reiteran a súa mensaxe de precaución á hora de manipulalos para evitar que sigan producíndose este tipo de acontecementos tráxicos.
Relacionadas:
-
Falece unha muller e un home resulta ferido grave tras chocar un guindastre e unha furgoneta en Vilanova
Por Redacción |
-
Ferido de gravidade un octoxenario ao engancharse a perna cunha fresadora
Por Oskar Viéitez |
-
Falece un home de 72 anos que quedou atrapado debaixo dun tractor en Vilaboa
Por Natalia Puga |