Comezan as sesións de traballo en grupo da cuarta edición do Proxecto Senda
Por Redacción
O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Poio, o socialista Gregorio Agís, e a técnica deste departamento municipal, María José Suárez Aspérez, asistiron este xoves á primeira das sesións en grupo correspondente á cuarta edición do Proxecto Senda.
Esta é a primeira toma de contacto coas 15 persoas que participarán na iniciativa, logo de que a pasada semana se desenvolvese o pertinente proceso selectivo previo, ao que se presentaron preto de 40 aspirantes.
A partires de agora, este ciclo ofrecerá sesións de traballo en grupo todos os xoves, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ata finais de xullo, que se complementarán con horarios de asesoramento de tipo individual.
Agís felicitou ás persoas seleccionadas (cuxa práctica totalidade son veciños de Poio) e lembro que Senda "non é a típica formación regrada, senón que se trata dunha aposta diferente e innovadora, pensada para lograr que as persoas inscritas logren emprender e facer realidade os seus proxectos profesionais, ademais de incidir en cuestións como o uso das novas tecnoloxías".
O desenvolvemento do programa lévase a cabo no Centro de Formación da Reiboa, cumprindo con todas as medidas de aforo e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias. Ademais destas sesións, Senda tamén ofrecerá prácticas prelaborais en empresas, nas que os inscritos poderán amosar as súas capacidades e coñecementos adquiridos.
Relacionadas:
-
O Proxecto Senda 2021 rematará cunha xornada de intercambio de bens e produtos
Por Redacción |
-
Primeira toma de contacto da nova edición do proxecto de emprendemento Senda 2021 de Poio
Por Redacción |
-
Poio impulsa un espazo para emprendedores no centro de formación da Reiboa
Por Redacción |
-
O Proxecto Senda 2021 arrancará en abril para mellorar a inserción laboral en tempos de crise
Por Redacción |