Lérez recupera a senda de pescadores que transcorre pola beira do río
Por Redacción
O Concello de Pontevedra concluíu os traballos de recuperación dun vello sendeiro de pescadores na marxe dereita do río Lérez.
Á espera de poder acometer melloras no último tramo ata a Illa do Cobo (Illa das Esculturas) cando finalicen as obras do AVE, a senda recén recuperada transcorre integramente pola parroquia de Lérez dende Fontañía, na parte baixa do mosteiro, ata as restos do antigo balneario.
Os traballos consistiron en abrir a senda, practicamente intransitable pola vexetación existente e degradada pola invasión de especies exóticas como a acacia negra, mimosa, eucalipto ou o bambú. Ademais elimináronse árbores que obstaculizaban o camiño, fíxose roza na zona e retiráronse vertidos existentes.
Segundo informa o Concello, no mes de xaneiro ou febreiro completarase a actuación coa plantación de especies autóctonas.
O presuposto deste proxecto ascende a 42.000 euros subvencionados pola consellería de Medio ao tratarse dunha zona incluída dentro da Rede Natura.