O polígono industrial de Baión triplica nun ano a súa ocupación

Por Redacción
As xestións para revitalizar o polígono industrial de Baión, en Vilanova de Arousa, provocaron un importante incremento de ocupación nesta área empresarial.
En concreto triplicouse en menos dun ano a superficie vendida ou adxudicada, pasando de apenas o 13,07% de ocupación a principios de 2020 a preto do 43% en abril de 2021.
As operacións de venda ou adxudicación no último semestre de 2020 foron realizadas a Sogama (7 parcelas de 20.000 m2, por 1,5 millóns de euros) e a Vinova Group (5 parcelas, 20.000 m2 en Dereito de Superficie, é dicir, cun alugueiro con dereito a compra).
No Consello de Administración de Suelo Empresarial de Galicia (SEA), que xestiona o polígono, autorizou ademais ademais en marzo unha nova venda dunha parcela de 2.715 m2, por un importe de 214.228 euros máis IVE.
Relacionadas:
-
O grupo Vinova inicia a construción dun centro loxístico e de produción no polígono de Baión
Por Redacción |
-
Sogama materializa a adquisición de sete terreos do Polígono de Vilanova para a nova planta de compostaxe
Por Redacción |
-
Acordan ampliar os usos das parcelas do polígono industrial de Vilanova de Arousa
Por Redacción |