Retiran máis de 400 quilos de lixo mariño en diferentes praias da Illa de Arousa
Por Redacción
Máis de 160 persoas voluntarias de diferentes entidades retiraron máis de 400 quilos de residuos en diferentes praias da Illa de Arousa. Nestes areais deuse o pistoletazo de saída ao programa Plancto, unha iniciativa impulsada por Afundación cuxo principal obxectivo é fomentar a conservación dos mares galegos e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que leva a cabo nos mesmos.
A campaña, que se desenvolverá ao longo de 2021, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Na retirada de residuos participaron de forma voluntaria traballadores da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, do CEIP Torre da Illa, do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), e das asociacións do terceiro sector BATA e Con Eles. Todos participaron nesta recollida manual de lixos mariños en lugares como as praias de Cabodeiro, Sapeira, Aguillón, Riasón e Tarais o las de As Salinas, Xastelas, Lontreira, As Margaridas y Punta Carreirón.
Entre os materiais retirados atópanse elementos de pesca, como cabos, cabitos, pequenos anacos de redes e apeiros de cultivo, e utensilios de tipo doméstico, como as bolsas e tapóns plásticos, botellas, garrafas, envoltorios, bastoncillos para limpar os oídos, ademais de cabichas e pequenos anacos de plástico difíciles de identificar.
Esta foi a primeira das diversas accións deste tipo que se programaron no marco do programa Plancto. A seguinte será este próximo sábado, 24 de abril, no illote de Areoso, onde un grupo de navalleiros da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa capitanearán unha nova limpeza, neste caso de fondos, acompañados por voluntarios mergulladores do Club Subacuático Pérez-Sub.
Relacionadas:
-
Xunta e Concello regularán o uso do illote Areoso para protexer os seus valores naturais
Por Redacción |
-
Pescadores de Cambados e da Illa contribúen ao proxecto europeo de limpeza de lixo mariño
Por Redacción |
-
Voluntarios do programa Plancton retiran 177 quilos de lixo mariño das praias de Cortegada
Por Redacción |
-
Dez voluntarios participan no programa para limpar e manter a illa de Ons
Por Redacción |
-
Limpan con mergulladores os fondos de Areoso e retiran máis dunha tonelada de lixo
Por Redacción |
-
O alumnado do instituto das Bizocas participará nunha limpeza simultánea de praias
Por Oskar Viéitez |