Caixabank prevé 26 despidos en Pontevedra tras a súa fusión con Bankia
Por Oskar Viéitez
A fusión de Caixabank con Bankia provocará unha onda de despedimentos en toda España. E, como era de esperar, Pontevedra non será allea a estes recortes. Así o recolle o ERE presentado pola entidade catalá e que foi difundido polos sindicatos.
A previsión de Caixabank, segundo este expediente de regulación de emprego, é prescindir de ata 90 empregados en toda Galicia. No caso da provincia de Pontevedra, haberá 26 despedimentos. A eles sumaranse 39 na Coruña, 17 en Ourense e 8 en Lugo.
Por agora, descoñécese en que puntos da provincia concentraranse estes despedimentos ou se esta fusión implicará tamén o peche dalgunha das sucursais bancarias de Pontevedra.
En toda España, segundo reflicte o ERE do banco, estarán afectados 8.291 empregados e pecharanse 1.534 oficinas, unha de cada catro das que tiñan por separado Caixabank e Bankia.
MOMENTO CONVULSO NA BANCA
Axuste de persoais e peche de oficinas, ese o panorama que afronta o sector bancario. Despois das últimas fusións que lles fixeron crecer en activos agora chega a reestruturación.
En Galicia, o axuste máis importante acometerao o Banco Santander que espera pechar antes de finalizar o mes de maio a saída de 3.500 empregados en toda España, uns 370 en Galicia, onde clausurará preto de 80 sucursais tras integrar ás oficinas do Banco Popular e do antigo Banco Pastor.
Unha parte dos empregados do Santander afectados polo ERE serán recolocados en dous centrais de chamadas (call center).
Tamén recortará o seu cadro de persoal o BBVA que negocia un ERE que afectaría a preto de 3.200 traballadores en toda España, dos que 800 empregados están en Galicia.
Relacionadas:
-
Protesta do persoal do BBVA contra o despedimento de 3.800 traballadores
Por Manu Otero |
-
A CIG chama á participación na súa manifestación do 1 de maio para acabar coa precarización laboral
Por Manu Otero |
-
O ERE do BBVA inclúe 26 despedimentos na provincia de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Acusan á banca de escusarse na pandemia para ofrecer "menos oficinas, máis comisiones e menos servizos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |