Sanitarios do 061 aprenden a defenderse nun curso do Sindicato Unificado de Policía
Por Redacción
Durante dous días, a Escola de Formación do Sindicato Unificado de Policía (SUP) impartiu un curso ao que asistiron dez técnicos do servizo médico de emerxencias do 061.
Durante as dez horas que durou o curso, estes técnicos sanitarios recibiron información teórica e práctica sobre como defenderse ante situacións nas que se poidan ver envolvidos durante o desenvolvemento do seu traballo e sexan vítimas dalgunha agresión por parte de pacientes ou familiares.
Este curso englóbase dentro da cooperación establecida co SUP pola que os axentes da policía tamén reciben instruccións especializadas para facer fronte a situacións nas que son necesarios coñecementos de primeiros auxilios e de reanimación cardiopulmonar.
O secretario xeral do SUP, José Freire, pechou o curso coa entrega dos títulos aos participantes.