Instalan o primeiro tubo xeotéxtil para conter a area na praia da Carabuxeira
Por Redacción
O primeiro tramo de barreira natural que servirá reter o árido na Carabuxeira quedará instalado na praia este martes.
Desde primeira hora da mañá, operarios da empresa concesionaria dos traballos, baixo a supervisión do director de obra, Fernando López, iniciaron a colocación do primeiro tubo xeotéxtil de 20 metros de longo no extremo do areal. Unha vez asentado no leito de area, comezou a dragaxe e recheo do tubo cunha mestura de area e auga ao 70% e 30%, respectivamente.
O alcalde, Telmo Martín, e a tenente de alcalde, María Deza, xunto a técnicos de Costas e Portos de Galicia acudiron á praia para supervisar uns traballos que proporcionarán unha solución pioneira en España, pero xa testada noutras zonas de Europa.
"Son os primeiros xeotubos que se colocan en España. Estamos abrindo un novo camiño e agardamos que sexa una boa solución para reter a area ata que se leve a cabo a actuación definitiva neste entorno", asegura Telmo Martín.
Nas próximas semanas, colocaranse os outros dous tubos xeotéxtiles mergullados no mar e que completarán o dique natural de 70 metros de longo que facilitarán a retención de area na praia. A continuación, comezarase a estender a area para conformar o perfil da praia.
Os xeotubos alcanzan os 1,35 metros de altura, unha vez recheos de árido, e unha anchura de catro metros.
Ata o momento extraéronse ao redor de 6.000 metros cúbicos de area que xa se atopa depositada na parte alta da praia formando elevacións que logo serán estendidas coa pa escavadora. En total, nesta fase provisional extraeranse 10.000 metros cúbicos de árido, equivalente a 1.000 camións de 20 toneladas cada un.
A previsión é que este verán a veciñanza xa poidan gozar deste areal urbano rexenerado.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O Concello de Sanxenxo mostra o cambio da praia da Carabuxeira en doce meses
Por Redacción |
-
ADEGA oponse ao novo dique que o porto deportivo de Sanxenxo quere construír fronte á Carabuxeira
Por Redacción |
-
A Carabuxeira reabre tras completarse a primeira fase de rexeneración
Por Redacción |
-
Unha rexenerada Carabuxeira recibirá os seus primeiros bañistas o 18 de xuño
Por Redacción |
-
Avanza a recuperación da praia da Carabuxeira coa extracción de 4.000 metros cúbicos de area
Por Redacción |
-
A Carabuxeira volverá ser unha praia coa recuperación da súa area
Por Oskar Viéitez |
-
O estudo xeotécnico en 3D da praia marca o arranque dos traballos de rexeneración da Carabuxeira
Por Redacción |