Vilaboa adquire dous camións a través do Plan Revitaliza
Por Redacción
O parque móbil do Concello de Vilaboa recibiu dous novos camións. Foron adquiridos a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e servirán tanto para a xestión do plan de compostaxe como para mellorar os servizos globais que ofrece a administración local.
Trátase dun camión de carga con guindastre e outro con cesta telescópica, imprescindibles segundo o goberno municipal para a adecuada xestión do material triturado procedentes das podas, tanto para o seu acopio como para a súa distribución como estruturante.
O Concello investiu 21.000 euros na adquisición dos camións, un 15% do seu valor, mentres que os cartos restantes foron achegados pola administración provincial.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, destacou a súa utilidade para realizar tarefas que ata agora requirían de moita man de obra. Indicou ademais que estes dous camións poderán ser utilizados para tarefas como as limpezas en altura ou o mantemento do alumeado.
Vilaboa recibirá a través do Plan Revitaliza 239.825 euros, que serán complementados polo Concello con outros 46.157 euros e que permitirán, ademais destes camións, actuacións de limpeza e adecuación no Monte do Cabalo ou a compra de 20 composteiros comunitarios.
Relacionadas:
-
Vilaboa é líder en Galicia na implantación da compostaxe
Por Redacción |
-
A Deputación lanza novas axudas aos concellos para contratar mestres compostadores
Por Oskar Viéitez |
-
Separación obrigatoria do lixo e bonificación ás boas prácticas no novo servizo Revitaliza da Deputación
Por Mónica Patxot & María José Pita |