Moraña custea o retranqueo da liña aérea de baixa tensión en A Chan-Amil
Por Redacción
A empresa ELECNOR S.A concluíu os traballos de retranqueo da liña eléctrica de distribución aérea de baixa tensión no lugar da Chan - Amil que foran adxudicados por un importe de 15.375 euros.
A actuación consistiu na substitución de postes, cableado e conexionado aos domicilios existentes na zona. A este importe hai que sumarlle 2.987 euros correspondente á supervisión por parte de Unión Fenosa Distribución de 3.308 euros no cambio de liña da iluminación pública e armarios por cambio de tamaño realizado pola empresa Instalacións Eléctricas Rimi S.L.
Este retranqueo foi custeado polo Concello de Moraña que sinalou que este investimento era "imprescindible para continuar as obras de humanización e mellora viaria" no citado lugar no que se invisten 250.000 euros cofinanciados pola Deputación de Pontevedra.
Esas obras consisten na ampliación do vial municipal de 648 metros de lonxitude a 8 metros de ancho cunha beirarrúa, o que permite a circulación peonil sen barreiras arquitectónicas aumentando a seguridade e modernizando a zona.
Este vial conecta a zona de acceso ao Santuario da Virxe dos Milagres, á escola infantil, a Casa Cultural, o parque infantil e o zona deportiva, "o que fixo necesario o traslado dun cobre contedor a unha zona próxima", indica o Goberno local.