O Concello pide á Xunta que se verifiquen os niveis de mercurio na contorna de Ence-Elnosa
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra vén de remitir á Xunta de Galicia un escrito no que pide información en relación á contaminación con mercurio das augas subterráneas dos terreos ocupados por ENCE.
Nomeadamente, é o concelleiro delegado do Servizo de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, quen se dirixe á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda solicitando que se facilite información "en relación aos graves feitos relatados".
Asemade, interesa "que se verifiquen os niveis de mercurio en toda a contorna do complexo industrial e que se actúe inmediatamente e se adopten as medidas provisionais que se consideren oportunas para evitar riscos á poboación da contorna, aos traballadores da fábrica, ás mariscadoras e, por contaminación, ás augas subterráneas e ao banco marisqueiro dos Praceres, coa fin de evitar a afección por mercurio á cadea trófica, co conseguinte perigo para as persoas e para o medio".
O Concello ainda non tivo resposta ao expediente que abriu trala difusión do extracto dun vídeo coas declaracións do presidente do Grupo ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet nas que manifestaba que "con esa caldera de recuperación y esa caustificación inestable podemos tener un susto mayúsculo medio ambiental en cualquier momento que puede afectar además a las personas" co fin de coñecer as circunstancias do caso concreto, a veracidade do afirmado e a conveniencia ou non do inicio do correspondente procedemento e das actuacións oportunas.
Neste expediente requeriuse a De Colmenares "que ratifique a veracidade do manifestado e transcendido aos medios de comunicación e explique o alcance do risco ao que alude ou, no suposto de negalo e rectificar, acredite documentalmente as condicións de seguranza da instalación e, particularmente, da caldeira de recuperación, pregándolle neste caso que indique o motivo que lle levou a sementar esa alarma entre a cidadanía".
Ademáis o Concello solicitou diante dos organismos competentes "e por mor da gravidade do manifestado polo máximo responsable da empresa" a realización das inspeccións e verificacións correspondentes por persoal técnico competente, particularmente da caldeira de recuperación e demais instalacións do complexo fabril "ao obxecto de verificar a veracidade e realidade do afirmado e a seguranza da instalación", pregando a adopción, de selo caso, das medidas procedentes.
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a denuncia contra De Colmenares por alertar nun vídeo dun "susto ambiental" en ENCE
Por Natalia Puga |
-
Establecen "novos filtros de control" no proceso de desmantelamento de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG alerta de contaminación por mercurio en Lourizán e o PP, crítico co alarmismo do Bloque, nega o perigo
Por Redacción |
-
O BNG solicita a documentación sobre a contaminación por mercurio dos terreos de ELNOSA e ENCE
Por Redacción |
-
O BNG reclama á Xunta que se poña á fronte das negociacións para a saída de ENCE da ría
Por Redacción |
-
A APDR denuncia que "a responsabilidade de ENCE na contaminación do solo por mercurio é evidente"
Por Redacción |
-
Ence nega que a presenza de mercurio se deba á súa actividade
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG e Podemos esixen responsabilidades pola contaminación por mercurio
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta defende que os niveis de mercurio detectados en Lourizán "agora mesmo non superan os límites establecidos"
Por Diego Espiño |
-
O alcalde pregunta á Xunta que fará respecto á contaminación por mercurio en Ence-Elnosa
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada