Celebración en Cuntis polos 103 anos da súa veciña Carmen Torres Rey
Por Redacción
Ser a veciña de máis idade do municipio e seguir cumprindo anos ben merece unha celebración.
Así o cren no Concello de Cuntis, cuxo alcalde Manuel Campos, acompañado das concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro, visitaron este martes á cuntiense máis lonxeva no día do seu aniversario.
Trátase de Carmen Torres Rey, veciña do lugar de Constenla e que este 12 de abril cumpría nin máis nin menos que 103 primaveras. Todo un exemplo para os seus paisanos.
Carmen recibiu de mans do alcalde un ramo de flores como agasallo de aniversario.