Ofrenda floral en Marín polo 90 aniversario da proclamación da II República
Por Redacción
Representantes da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín farán unha ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade (ao carón do edificio do Concello) o vindeiro mércores ás 12 horas con motivo do 90 aniversario da proclamación da segunda República.
Con motivo desta efeméride esta asociación homenaxea aos homes e mulleres que o martes 14 de abril de 1931, ás 7 da tarde, organizan unha gran manifestación para proclamar a República en Marín.
Dende este colectivo sinalan que por mor da pandemia do coronavirus, non terá lugar o acto anual que lles concentra cada 14 de abril.