Desarticulado un punto de venda e distribución de droga no centro de Marín
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Marín detiñan, o venres 9 de abril, un veciño da vila, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas pola venda a pequena escala de cocaína.
Un dispositivo de prevención do tráfico de substancias estupefacientes establecíase na zona centro do municipio durante esa xornada ao ter coñecemento de que algúns mozos acudían ata esa contorna céntrica para adquirir e consumir substancias estupefacientes.
As pescudas da investigación confirmaron a actividade de tráfico polo miúdo de pequenas cantidades de droga. Os axentes incautáronse de haxix e marihuana a varios compradores.
Durante o operativo, a Policía Nacional identificaba a un dos homes que se encargaba da venda cando se subía a un vehículo como copiloto e nun cacheo de seguridade incautáronlle unha bolsa de plástico que contiña unha substancia compacta de cor branca que, segundo as primeiras comprobacións, se trataba de cocaína sen cortar. O peso aproximado da droga alcanzaba os 25,5 gramos. Segundo a información policial, esta cantidade aumentaría considerablemente ao ser tratada para a súa distribución e consumo.
O home detido, tras realizarse un atestado policial, foi trasladado ás dependencias xudiciais. O detido contaba con antecedentes policiais.