Reforzan a seguridade viaria na estrada entre Alto da Portela e Beluso
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra completou os traballos de mellora da seguridade na estrada provincial EP-1301, que os núcleos de Alto da Portela e Beluso, no concello de Bueu.
En concreto realizouse un muro de contención de cachotería de perpiaño na marxe esquerda da estrada, á altura do punto quilométrico 2+700, para garantir a seguridade viaria e evitar posibles derrubamentos.
A actuación incluíu ademais o recorte do pavimento existente, o varrido ou a limpeza da zona, a través dunha serie de traballos de roza e segado da vexetación. Tamén se repuxo a iluminación.
O goberno provincial destaca que, en menos dun mes e medio, redactouse e contratouse este proxecto para reforzar a seguridade da estrada, e se remataron as obras.