O Concello penalizará unha empresa adxudicataria dos controis de prevención da lexionelose
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra penalizará a unha das empresas adxudicatarias dos controis de prevención da legionelosis.
O contrato deste servizo saíu con tres lotes. Despois de ir a Mesa de Contratación dúas empresas resultaron adxudicatarias. A primeira fíxose cargo dos centros de ensino e dos centros deportivos (lotes 1 e 2) e a empresa Desinfeccións Galides S.L. tiña que haberse feito cargo das dependencias municipais de bombeiros e a nave municipal do Vao.
O problema xurdiu unha vez rematado o proceso de contratación, cando o Concello de Pontevedra atopouse con que esta empresa non presenta a documentación pertinente polo que non se puido formalizar o contrato o que derivou nun atraso na prestación do servizo.
A portavoz do Goberno municipal do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías informou este luns en rolda de prensa fíxose un requirimento á adxudicataria Galides "e no caso de non presentar a documentación en tempo e forma desistiremos deste contrato" e adxudicaríase á seguinte empresa que presentou unha oferta máis vantaxosa.
Ademais impoñeríaselle a esta firma unha penalización, "isto quere dicir que o concello retería un 3% do importe adxudicado" que serían uns 400 euros xa que o contrato ascende a 14.400 euros sen IVE.
Tamén está entre as prerrogativas do Concello a posiblidad de abir un expediente para prohibir a esta empresa volver contratar coa entidade municipal.
"Non queremos asumir atrasos innecesarios por causa alleas a este Concello", engadiu a portavoz municipal.
A legioneloxe é unha enfermidade coñecida como a do lexionario, que se produce por bacterias que se atopan nos sistemas de subministración de auga. Estas bacterias sobreviven en ambientes húmidos e cálidos en edificios de grandes dimensións. Esta enfermidade pode causar danos cerebrais ou mesmo a morte.