A investigación no xacemento romano atopado na Illa de Ons conclúe a súa primeira fase
Por Redacción
Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, acaba de concluír a primeira fase da súa investigación sobre un xacemento romano localizado na Illa de Ons.
En concreto a intervención arqueolóxica consistiu na limpeza, rexistro e sondaxes na factoría de sal da praia Canexol, co fin de investigar os restos que se localizan neste punto e aumentar o coñecemento sobre a produción das salgaduras de peixe na época romana.
Os traballos permitiron atopar restos de dúas fábricas de sazón da época romana do Alto Imperial (século I). Tamén se localizaron restos castrexos e vestixios arqueolóxicos de alto valor como material óseo animal e malacofauna (moluscos), ademais dalgún resto da Idade de Hierro.
A investigación está liderada polo grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.