Ábalos anuncia a rebaixa das peaxes da AP-9 para xullo e a chegada do AVE para outono
Por Oskar Viéitez
O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, anunciou este venres que no mes de xullo empezarán a aplicarse as bonificacións nas peaxes da AP-9.
Ademáis elimínase a peaxe entre Vigo e Redondela; haberá unha bonificación do 100% da viaxe de volta para os usuarios que a fagan dentro das 24 horas; un desconto do 20% na ida para os usuarios que realicen máis de 10 viaxes ida e volta ao mes, ademais da bonificación do 100% no traxecto de volta; así como un desconto para os vehículos pesados e a rebaixa da peaxe entre Vigo e a fronteira portuguesa.
A maiores, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou ao ministro a posibilidade de aplicar un desconto para aqueles vehículos que circulen entre as 00,00 e as 06,00 horas, ademais dunha rebaixa adicional para as familias numerosas.
Así mesmo, incidiu na necesidade de avanzar na transferencia da Autopista do Atlántico, a través da celebración dunha reunión da Comisión bilateral, como xa se lle solicitou ao ministro de Política Territorial; así como noutras actuacións sen completar, entre as que destacou: a licitación das obras do nó de bombeiros de Pontevedra.
Ábalos destacou que se trata da maior rebaixa de peaxes na historia de España, que supoñerá unha aposta económica de 1.500 millóns de euros ata o final da concesión, uns 60 millóns de euros anuais, mentres que Feijóo mostrouse "satisfeito" por este compromiso e insistiu en avanzar tamén na transferencia a Galicia da autoestrada.
ALTA VELOCIDADE
En canto ao AVE a Madrid, confirmouse a súa posta en servizo no segundo semestre deste ano, dado que xa están a circular pola nova infraestrutura os trens laboratorio de Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias).
Feijóo reclamou tamén concreción tanto no que se refire ao material rodante como aos tempos de conexión.
Sobre este aspecto, valorou a confirmación do investimento de 546 millóns para a licitación da conexión cara a Lugo. E, en relación co AVE Vigo-Porto, ademais dos compromisos acadados sobre a Saída sur e o ramal ferroviario cara a Bouzas, agradeceu a decisión do Ministerio de acompasar as obras ás do treito portugués.
Relacionadas:
-
A chegada da Alta Velocidade en decembro deixará en catro horas a viaxe entre Pontevedra e Madrid
Por Oskar Viéitez |
-
Pilar Rojo cre que o PSOE está en contra de que a autoestrada AP-9 sexa galega
Por Oskar Viéitez |
-
Ábalos anuncia unha rebaixa dun 20% para vehículos pesados na peaxe da AP-9
Por Oskar Viéitez |
-
Afectados polas obras da ponte de Rande declaran na vista de apelación que as retencións na autoestrada producíanse a diario
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno reitera que baixará as peaxes da AP-9 e o BNG ínstalles a concretar cando
Por Alejandro Espiño |
-
Unanimidade plenaria para pedir a rebaixa da peaxe e a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Redacción |