Inicio da campaña de roza en lugares do rural de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín pon en marcha unha campaña de roza en diversos puntos do rural. Coa colaboración da Fundación Juan XXIII, as actuacións céntranse en camiños de Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, A Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos. Viñas Blancas, A Raña e Outeiro.
"Van moi adiantados", sinalou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que este mércores supervisou os traballos. Ao longo dos próximos meses os operarios desprazaranse a outros puntos do municipio en base a criterios de necesidade, prevención de incendios ou tempada alta de praias.
Ademais de labores de roza manual e con medios mecánicos, o Concello ten tamén contratado a roza en todos os viais de titularidade municipal.
Relacionadas:
-
Comeza a última fase do plan de roza do rural de Marín
Por Redacción |
-
Incorporan un tractor rozador para avanzar na limpeza das estradas municipais de Marín
Por Redacción |
-
As licenzas para nova vivenda e reforma de casas dispáranse no rural marinense
Por Redacción |
-
Marín iniciará en abril a campaña de rozas dos camiños do rural
Por Redacción |