Os socialistas esixen á Xunta que non renove nin dea máis moratorias a Elnosa
Por Oskar Viéitez
O grupo parlamentario dos socialistas de Galicia presentó unha proposición non de lei para o seu debate no Pleno pola que se insta a non autorizar moratoria algunha nin nova renovación para la "licenza verde" de ELNOSA.
E dicir, o PSdeG esixe á Xunta que non conceda unha nova Autorización Ambiental Integrada nin prórrogas para que permaneza por máis tempo en Lourizán, pedíndolle á empresa a que "abandone a parcela de 12.587 metros cadrados obxecto de concesión" antes de xaneiro de 2014.
Medio Ambiente estuda unha moratoria para permitir á cloreira seguir en Lourizán
A deputada pontevedresa, Patricia Vilán, lamentou nunha rolda de prensa que a Consellería de Medio Ambiente teña en marcha o estudo dunha moratoria para permitir á cloreira seguir na súa continuidade, desmantelar a súa planta "e poñer en marcha unha nova".
Polo de agora, dende o grupo portugués CUF-Químicos Industriais, propietario de Elnosa, o único plan de reconversión presentado ten data do ano 2011 e plantexa a súa permanencia na ría.
"Isto resulta sorprendente, posto que xa se lle ten concedida unha por dous anos dende decembro de 2011", sinalou Patricia Vilán.
Elnosa está obrigada a efectuar un cambio tecnolóxico no seu sistema de producción de cloro, que segue a utilizar mercurio, prohibido pola lexislación da Unión Europea, e a acometer un cambio de situación das súas actuais instalacións.
Relacionadas:
-
Agustín Hernández recoñece que "cambios na lexislación" abren a porta á continuidade de ENCE e de Elnosa
Por Redacción |
-
Fernández Lores afirma que o recurso de Elnosa é un 'paripé' xa que a Xunta non ten intención de pechala
Por Oskar Viéitez |
-
Elnosa presenta un recurso ante o TSXG para evitar abandonar Lourizán en 2014
Por Redacción |