O colexio de Ponte Sampaio homenaxea a súa historia a través das traballadoras da Pontesa e a batalla contra os franceses
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5b7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606d9fc0a3-whatsapp-image-2021-04-07-at-14.01.15.jpeg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/da2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606d9ff491-whatsapp-image-2021-04-07-at-12.34.07-1-.jpeg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/028/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/606da02e78-whatsapp-image-2021-04-07-at-14.04.19.jpeg)
© CEIP Ponte Sampaio
O colexio público de Ponte Sampaio acaba de sumarse á listaxe de centros educativos pontevedreses que contan cun mural de Polo Correo do Vento dentro do programa didáctico ‘O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna’, promovido pola Concellería de Educación de Pontevedra.
Este centro é o oitavo en ter un mural e, no seu caso, rende homenaxe á historia da parroquia cun marcado protagonismo feminino. Así, aparecen as campesiñas que participaron na coñecida como batalla de Ponte Sampaio contra os franceses durante a Guerra da Independencia e as antigas traballadoras da fábrica da Pontesa.
O mural realizado por Kike Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, tamén ten moi presente a contorna do centro educativo e recolle elementos como a Illa de Medal (ou da Insuíña), os petróglifos de Chan das Cruces e o acueduto do Paredón, así como un paxariño moi representativo da fauna da parroquia: un picafollas europeo.
Os murais de Polo Correo do Vento xa presiden tamén os muros dos CEIP de Parada-Campañó, Froebel, A Xunqueira I, A Xunqueira II e Álvarez Limeses, o CEP Campolongo e a EEI de Verducido dentro dun proxecto co que Educación busca que o alumnado dos colexios de Pontevedra coñeza a historia e contorna dos seus centros e se identifiquen con eles.
O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, amosa a súa "enorme satisfacción cun proxecto que superou o seu ecuador e que está a ser recibido con entusiasmo polas comunidades educativas que participan nel" e avanza que a Concellería de Educación tamén ten previstas intervencións nos CEIP San Benito de Lérez, San Martiño (Salcedo), Santo André de Xeve e Manuel Vidal Portela; o CEP Marcos da Portela, e a EEI Fina Casalderrey.
Relacionadas:
-
O programa "O teu cole na historia" entra en modo divulgativo
Por Redacción |
-
A pintora Mercedes Ruibal e os canteiros protagonizan o mural do colexio de Santo André de Xeve
Por Redacción |
-
O colexio Marcos da Portela presume da súa historia e da mestra Josefa Iglesias Vilarelle e o Pai Sarmiento
Por Redacción |
-
Pontevedra esixe a Educación, coa oposición do PP, manter a unidade de Primaria en Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
Ernestina Otero e Cruz Gallástegui protagonizan o novo mural do CEIP Cabanas
Por Redacción |
-
Un mural para homenaxear a leiteiras e canteiros na escola de Verducido
Por Redacción |
-
O colexio Parada de Campañó estrea mural
Por Redacción |
-
A vella estación de tren, o antigo cárcere, Aurora Vidal... os símbolos de Campolongo feitos mural
Por Redacción |