Arrancan os traballos de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción
Comezaron os traballos na Estrada do Balneario, no Concello de Ponte Caldelas.
Trátase dunha intervención que suporá a mellora dos itinerarios peonís, de maneira que quedará un vial de sentido único no que se crearán beirarrúas en pedra, estacionamentos en batería, incluíndo espazos para o aparcamento de autobuses, así como creación de zonas verdes e dotación de mobiliario urbano.
A obra terá un custo de 439.390 euros (IVE engadido) e non terá custe para o Concello de Ponte Caldelas, pois será financiada nun 80% a través dos Fondos europeos Feder e o 20% restante farase con cargo ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Ponte Caldelas pide anticipadamente desculpas ós veciños e visitantes polas molestias que poidan causar as obras.
Relacionadas:
-
25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume das obras feitas "a custe cero" para os veciños
Por Redacción |
-
Adxudicada a obra da rúa da Ponte para facilitar o tránsito de peóns
Por Redacción |
-
A Deputación dota a Ponte Caldelas dunha senda peonil e colabora nas obras de varias rúas
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban a adxudicación de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reducirá os gastos enerxéticos un 30% coas melloras na Avenida de Galicia e da Estrada do Balneario
Por Redacción |