Axentes da Garda Civil de Tráfico salvan a vida dun home que se derrubaba no chan cando practicaba footing
Por Redacción
Durante a tarde deste domingo, axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, mentres se atopaban realizando un servizo propio da vixilancia das estradas en Sanxenxo, observaron como un home que practicaba footing derrubábase no chan perdendo o coñecemento.
Inmediatamente, os compoñentes da patrulla solicitaron a presenza dunha ambulancia e, a través das indicacións por teléfono coa doutora do servizo de emerxencias, realizáronlle manobras de reanimación cardio pulmonar (RCP). O home, grazas a esta intervención, lograba recobrar o coñecemento minutos despois.
Ata o lugar desprazouse a ambulancia do 061, que continuou atendendo ao home e, posteriormente, trasladaban a este veciño de Meaño, de 38 anos, a un centro hospitalario para sometelo a unha exploración máis profunda.
FALECE NA PISCINA MUNICIPAL
Segundo información facilitada polo Concello de Sanxenxo, durante a tarde do luns, o servizo de Emerxencias rescataba o cadáver dun home na piscina municipal de Meaño.
Ata o lugar desprazábanse ademais de Emerxencias de Sanxenxo tamén axentes da Garda Civil. Ninguén puido facer nada por salvar a este veciño de Fofán, Armenteira, de 49 anos de idade que, segundo as primeiras investigacións, perdía a vida ao afogarse cando nadaba.