Demandan a finalización do arranxo do camiño da Granxa
Por Redacción
O PP de Poio reclamaba este venres ao concelleiro responsable de Urbanismo do goberno local, o socialista Gregorio Agís, que complete o arranxo do camiño da Granxa, situado en Raxó.
Os populares, a través da concelleira Rocío Cochón, afirma que a veciñanza leva anos demandando unha reforma e que desde o Concello se realizan "anuncios en falso" e tamén se incurmpren as promesas efectuadas aos residentes.
A concelleira popular visitou a zona e comprobou que o camiño segue igual que a finais de 2019 cando Gregorio Agís prometeu a posta a punto definitiva deste camiño, aínda que desde entón só actuouse nun tramo de 28 metros.
Por este motivo, a reclamación do PP céntrase en que se realice un traballo definitivo cunha mellora integral dunha vía que presenta numerosas carencias no seu firme.