A vivenda unifamiliar convértese no motor do mercado inmobiliario na pandemia
Por Oskar Viéitez
A alta demanda de vivendas unifamiliares activou o mercado inmobiliario en Galicia convertendo ás zonas onde predomina este tipo de propiedades nas auténticas protagonistas en 2020.
Os datos das propiedades comercializadas por Engel & Völkers na comunidade galega ao longo do pasado ano mostran como o interese de chalés con xardín creceu un 20% no municipio coruñés de Oleiros, mentres que en Vigo notouse un movemento cara aos municipios do Val Miñor: Nigrán, Baoina e Gondomar. Do mesmo xeito que en Pontevedra, onde sobe a procura deste tipo de propiedades próximas aos núcleos urbanos.
As medidas de confinamento e as restricións de mobilidade froito da pandemia provocaron este cambio de tendencia na tipoloxía de produto que continúa en 2021. A demanda céntrase en vivendas máis amplas con posibilidade para teletrabajar e espazos abertos ao exterior con balcóns ou terrazas e, sobre todo, con xardíns e zonas verdes. Todo iso nos arredores das cidades e a prezos máis económicos que nas grandes urbes.
AS RÚAS MÁIS CARAS
As direccións máis caras de Galicia mantéñense nas zonas céntricas das cidades como é o caso da Avenida de la Marina, na cidade vella da Coruña. Esta rúa, a máis cara de Galicia para adquirir unha vivenda segundo as operacións realizadas en 2020 por esta axencia inmobiliaria ha alcanzado os 4.100 euros/ m2. Trátase dunha das vías con máis tradición e encanto da cidade herculina debido a que é a zona que outorga á urbe o alcume de ‘Ciudad de Cristal’ polas características galerías das súas vivendas.
Tras ela sitúanse outras dúas rúas coruñesas: a Praza de Lugo e Juan Flórez, cun prezo de 4.000 euros/ m2. O Paseo da Praia Silgar en Sanxenxo álzase co cuarto lugar da clasificación de rúas máis exclusivas de Galicia, con 3.863 euros/ m2. O areal do municipio máis turístico da ría de Pontevedra adiántase así á Praza de Compostela, no centro de Vigo, a dirección co prezo máis alto da cidade tanto en venda (3.700 euros/ m2) como en alugueiro, onde arrendar unha vivenda ten un custo medio de 16 euros/ m2.
A rúa García Camba, en Pontevedra, é a máis exclusiva da capital do Lérez, con 2.019 euros/ m2.
Para alugar, tamén o vigués barrio de Canido alcanza os 16 euros/ m2. Tras eles colócase a rúa Juan Flórez, no ensanche da Coruña, cun prezo medio de 12 euros/ m2. Poio con 3,47 euros/ m2 é o máis accesible. As zonas máis alcanzables para comprar vivenda sitúanse no Grove, Pontevedra cidade e Zapateira (A Coruña) con prezos de pouco máis de 1.100 euros/ m2.
Aínda que Galicia é unha comunidade con cliente eminentemente nacional na compra de vivenda, destaca a estrutura do alugueiro, principalmente en Coruña. O comprador español acapara o 99% das compras na cidade herculina, porcentaxe que baixa ao 66% no alugueiro fronte ao significativo 34% de arrendadores estranxeiros.
Os compradores internacionais que, no caso de Vigo, unicamente alcanzan o 2% das operacións realizadas repártense entre ingleses, venezolanos e arxentinos. En Pontevedra, onde aumentan ata copar o 12% das compras destacan os holandeses, británicos e australianos.