O PSOE considera que a obra no entorno da praza de Seixo é "unha oportunidade perdida"
Por Redacción
Despois de coñecer a obra proxectada polo Concello de Marín para o entorno da praza de abastos de Seixo, entre Otero Ulloa e o Camiño Vello, o voceiro do grupo municipal do PSOE no, Manuel Pazos, considera que é "unha oportunidade perdida" e que "é mellor agardar dous anos e poder plantexar un proxecto serio e meditado que levar a cabo unha obra que ten moitas carencias".
Os socialsitas presentaron unha proposta para que a obra abordase de xeito global todo este espazo no entorno da praza de abastos de Seixo, "adquirindo a edificación en ruinas que se atopa nese vial e permitindo así un tratamento integral de toda a rúa e non só dunha parte da mesma".
Para o grupo municipal do PSOE "a solución de poñer unha pequena praza a nivel de 265 metros cadrados, cun peche perimetral en tres dos seus catro lados, na nosa opinión introduce máis barreiras das que elimina e condiciona o futuro dese espazo ao dificultar unha posterior integración da edificación en ruinas que alí se atopa".
A proposta presentada polo PSOE incluía tamén a incorporación de tres parcelas adicadas a aparcamento no entorno, a idea "parece do agrado do equipo de goberno pero non o quere levar a cabo porque considera que agora retrasaría unha obra que xa ten proxecto e para a que queren conseguir fondos da Deputación de Pontevedra".
A obra ten un orzamento aproximado de 650.000 euros, pero no PSOE de Marín pensan que "non adicar uns 150.000 euros para adquirir a edificación en ruinas é un erro. Esa compra permitiría a apertura do espazo cara a Otero Ulloa, recuperando boa parte das vistas sobre a ría que alí existen e permitindo a instalación dunha marquesina para autobuses inexistente agora mesmo en Seixo".
Relacionadas:
-
A rúa Camiño Vello de Seixo estrea imaxe con mobilidade mellorada
Por Redacción |
-
"En Marín abandonáronse 700 vivendas no últimos dez anos", asegura o PSOE
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras de humanización do Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín amosa a súa "decepción" polo proxecto previsto para Seixo
Por Oskar Viéitez |
-
Marín avanza na mellora urbanística de Inferniño e o mercado de Seixo coa apertura do proceso de expropiación
Por Redacción |
-
O Concello de Marín anuncia a próxima humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |