Sete persoas resultan feridas despois de colidir catro vehículos en Cambados
Por Oskar Viéitez
Unha colisión múltiple entre catro vehículos, que circulaban pola estrada VG4.3, á altura da rotonda de entrada á localidade de Cambados, saldouse con sete persoas feridas, dous menores de idade, de 10 e 5 anos.
Segundo informa o 112, o accidente ocorreu pasados poucos minutos das 12:15 horas, a esa hora, varios usuarios da vía contactaban cos servizos de emerxencias para informar do sinistro. Segundo a información recibida, un ferido estaba atrapado no interior dun dos turismos afectados.
Dende o 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros do Salnés, que confirmaron o uso do material necesario para liberar ao condutor dun dos turismos. Tamén, os Bombeiros e os voluntarios Protección Civil de Vilagarcía participaron no operativo.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron o traslado dos sete feridos aos centros sanitario de referencias.
Segundo informa o 061 e Protección Civil de Cambados, foi trasladada en estado grave ao Hospital Montecelo unha muller, con iniciais EXC, de 31 anos. No Hospital do Salnés están un home, MDL, de 53 anos e veciño de Ribadeo, e dous menores. No Hospital Dominguez-QuirónSalud están un home, MMA, de 18 anos; unha muller, GLR, de 37 anos e unha muller, MGC, de 80 anos.
A Garda Civil indicou que o Subsector de Tráfico investiga o accidente e instrúe dilixencias.