Seis novas empresas se instalan no viveiro de Barro
Por Redacción
O viveiro de empresas de Barro segue a medrar coa incorporación de seis novas firmas aos seus espazos grazas á sinatura nas últimas horas dos acordos de cesión entre a Deputación de Pontevedra e as persoas responsables destas compañías.
Estes contratos teñen unha duración inicial dun ano pero poden ser prorrogados ata tres anos, unha práctica moi habitual entre as e os viveiristas.
Ás instalacións de Barro chegan GM Solutions, unha consultoría de asesoramento de empresas e familias, Hidromel Fenrir Galicia, que se dedica á elaboración de produtos alimentarios artesanais, VIPEONREISEN, que enfoca o seu traballo cara a distribución de pensos e suplementos de mascotas, e CDM Showroom, que desenvolve a súa labor no comercio ao por maior e por menor de toda clase de produtos téxtiles de confección, calzado e artigos de coiro.
Tamén estarán presentes no viveiro de Barro Distribuciones Fandimat, que traballa co comercio ao por maior de materiais de construción, e Celquisan Global, de comercio ao por maior de produtos de hixiene e protección.
Con estas novas incorporacións o viviero de empresas de Barro conta xa cunha ocupación do 100% en todas as súas naves e dun 67% nas oficinas, quedando dispoñibles oito destes espazos así como tres zonas de coworking.
Ademais, nos últimos días unha nova empresa fixo unha petición para ocupar unha destas naves polo que a súa solicitude atópase en lista de agarda ao estar completos estes espazos. As empresas instaladas neste polígono dedícanse a múltiples actividades como alimentación, servizos culturais, saúde e benestar, decoración, lecer, téxtil ou consultoría.
Relacionadas:
-
Unha comercializadora de electricidade 'verde' instalarase no polígono de Barro
Por Redacción |
-
O polígono de Barro suma unha nova empresa e aproba dúas licenzas de construción
Por Redacción |
-
Deputación e EOI alíanse para reforzar os proxectos empresariais saídos do Coworking de Barro
Por Redacción |
-
A Deputación dinamiza os seus viveiros de empresas para impulsar a reactivación económica
Por Redacción |
-
Barro concede a EDF-Solar a licenza para a construcción do seu centro tecnolóxico
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Froiz e EDF Solar formalizan a adquisición dos terreos no Polígono de Barro
Por Redacción |