Todos os galegos maiores de 80 anos terán posta este luns a primeira dose da vacina
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña asegurou que todos os galegos maiores de 80 anos terán posta este luns a primeira dose da vacina.
En declaracións a Radio Galicia, o conselleiro explicou que "o obxectivo é chegar ao cento por cento durante os próximos días" a pesar de que este mércores só o 64 % dos galegos maiores de 80 anos recibiran a primeira dose da vacina do coronavirus.
A vacinación non se deterá durante os festivos da Semana Santa, e están previstas 60.000 vacinacións "apostamos pola atención primaria e estamos ao facer a través dos centros de saúde, isto tamén nos permite vacinar todos os días", dixo Comesaña.
"Esta semana chegaron as previstas", abundou Comesaña, para resaltar que supoñen "un salto cualitativo e cuantitativo importante" porque se empeza "a recibir cada semana 100.000 de Pfizer". En canto ás de Janssen, o titular de Sanidade sinalou que en abril "lamentablemente" teñen información de que "unicamente van chegar unhas 16.000 cara a finais do mes".
"Fomos prudentes, porque tivemos sustos coa subministración, e gardamos dose para a segunda, pero tivemos que deixar de poñer primeiras doses aos de máis de 80 para poñer as segundas aos que xa lles tocaba", dixo o titular de Sanidade.
En canto á poboación de estre 70 a 80 anos, o conselleiro dixo que "o noso obxectivo é acabar canto antes de vacinar coas primeiras doses aos de máis de 80 para pasar enseguida aos de menos de 79. O ideal sería ir de máis idade a menos, pero alterouse coa vacina de AstraZeneca e o que non podiamos facer era non usala", dixo o conselleiro.
Relacionadas:
-
Das aglomeracións iniciais a unha segunda xornada tranquila de vacinación no Recinto Feiral
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas de Pontevedra piden a vacinación urxente das persoas con Alzhéimer
Por Redacción |
-
Galicia emitirá a partir de abril un certificado dixital de vacinación
Por Oskar Viéitez |
-
Os axentes das policías locais de Galicia, próximo colectivo en recibir a vacina contra a covid-19
Por Redacción |
-
A partir deste mércores volverá administrarse a vacina AstraZeneca en Galicia
Por Redacción |