Todo a punto para o inicio de PONMO: consulta toda a programación do evento
Por Alejandro Espiño
Chega PONMO. En apenas 24 horas estréase este evento de moda que, segundo os seus organizadores, superou todas as expectativas de participación e de asistencia. Do xoves 26 ao sábado 28 de setembro, Pontevedra converterase "en la capital de la moda gallega", segundo destacou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. Serán, dixo, "tres días de creatividad, talento e imaginación".
Carlota Román afirmou que "no albergamos dudas de que será un éxito de convocatoria". Tanto que adiantou que apenas haberá invitacións dispoñibles para presenciar os desfiles. "Serán menos de 100", lamentou a concelleira socialista, quen falou dunha sensación "agridulce", xa que os compromisos con autoridades e o amplo número de firmas participantes, patrocinadoras e colaboradoras, xunto cos diseñadores, absorben boa parte do aforo.
As invitacións dispoñibles poderanse retirar na Casa da Luz o mesmo día de cada desfile. "En próximas ediciones será una prioridad aumentar sustancialmente el aforo", explicou. Ao resto de eventos pódese acceder de forma libre, aínda que terán unha entrada "voluntaria". O diñeiro recaudado con estes donativos será entregado á Fundación Meniños para a compra de alimentos e medicamentos.
A programación de PONMO arrinca este xoves. A cita estrela será ás 21.00 horas no Liceo Casino. Será co desfile inaugural, que estará organizado ao redor das propostas de cinco deseñadores saídos da Escola de Moda de Pontevedra. Terá un formato de desfile de salón e cada creador participará con tres estilismos. Poderán verse as creacións de Áurea Aburto, David del Río, Amai Rodríguez, Laura Otero e Yerai Suárez.
Previamente, a marca pontevedresa Krack organizará ás 18.00 horas unha serie de actividades, coa colaboración da escola de danza Factory Dance, para presentar a súa nova liña de produtos Krack Kids. E ás 20.30 horas inaugurarase no Liceo Casino a exposición Dual, a cargo do fotógrafo pontevedrés Marcos Suárez, que mostrará o seu particular punto de vista sobre a fotografía artística de moda.
O showroom, unha das actividades máis esperadas de PONMO, abrirá as súas portas o venres ás 11.00 horas no Recinto Feiral. Estará aberto de forma ininterrumpida ata as 20.30 horas, tanto o venres como o sábado. ÿ, segundo os seus organizadores, unha oportunidade de ver, e tamén de adquirir, as pezas das distintas coleccións de ata 30 marcas galegas e españolas en diferentes subsectores relacionados coa moda e, xa que logo, non limitadas ao téxtil, senón tamén da xoiería, audiovisual ou complementos.
Expoñen Lia Films, Mario Viqueira, Museo do traxe Juanjo Linares, Patricia Maquieira, Guillermina Royo-Villanova, Closet Comunicación, Alejandra Lorenzo, Krack, Arfo Baldir, Sweet Paripé, Javier Barrio, Luz Lualla, Nicanora, Hipotenusa, Alockata, Marcos Suárez, Yerai Brandenstein, Bayona Vintage, Petunia, De la Torre Perruquería, Querqus Cosmética Natural, Sabina Izu, Go Home, No Logo, La Prié, Estudio de fotografía C. Pontanilla, Via Barbarani, Pin Factory, Kristalpad, Cambras e Gafas Vicenzo.
Ás 21.30 horas do venres terá lugar o certame Mara Martín PONMONOVO. Poderanse contemplar as 12 coleccións dos novos diseñadores seleccionados sobre un total de 76 propostas chegadas á organización no prazo establecido. Trátase de Clara Beltrán, ÿscar González, Irene Varela, Leyre Valiente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Mónica Guillán, ÿrase que se era, Sandra Fuente, María Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea.
Mentres o xurado delibera ofreceranse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas: "Nicanora", unha marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos; e "Krack", que mostrarán os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo.
O outro gran desfile será o sábado ás 21.30 horas, tamén no Recinto Ferial. Estará a cargo de cinco marcas galegas recoñecidas: Baena, Dioxide, Hipotenusa, Gonzalo Vázquez (GV) e Alalá Alta Costura, que presentarán as súas novas coleccións. No seu marco celebrarase tamén unha homenaxe a Gene Cabaleiro, un dos principais diseñadores galegos, e que apadriña esta primeira edición de PONMO. Presentará algunhas das súas pezas máis coñecidas complementadas con roupa de Confecciones Story e zapatos de Krack.
CICLO DE CONFERENCIAS
Unha das novidades de PONMO, que foi anunciada este mércores pola concelleira Carlota Román, é a incorporación dun ciclo de conferencias que se celebrarán o venres e o sábado, de 16.00 a 20.00 horas, no Recinto Feiral e que xirarán en torno a diferentes aspectos do mundo da moda. As charlas programadas neste ciclo son as seguintes:
Venres 27
- 16.00 horas: Coidados e maquillaxe facial, por Alba Cabadas
- 16.45 horas: Pin Factory: A inspiración, o proceso creativo e a experimentación, por Vanesa Álvarez.
- 17.30 horas: Tempo de mulleres, por Lucía Pedroso
- 18.15 horas: Caso de éxito: Krack, por Sebastián Troyas
- 19.00 horas: Tres visións, obradoiro impartido por David García Bragado e conferencias de Silvia Cadame e Rosanna López Salgueiro
Sábado 28
- 16.00 horas: 'Ti' marca persoal, por Raquel Pedrouso
- 17.15 horas: Obradoiro introdución ao mindfullness para a xestión do estrés, a respiración, consciencia e visualización, por Camila Olavide
- 18.00 horas: Creación de empresas de moda, incorporación de novos talentos ao negocio, por Alberto Rocha
- 18.45 horas: Conferencia a cargo dun invitado VIP sorpresa.
OUTRAS ACTIVIDADES
As actividades de PONMO complétanse con varias iniciativas nas que colabora o comercio local. O venres ás 11.30 horas celebrarase o desfile PONMO na rúa. Varios establecementos de moda, textil e complementos da rúa Rosalía de Castro mostrarán as súas novas propostas para esta tempada. Participan Bess Two, Homes, Mepiacci, Quomo e Daniela.
Ademais, durante os tres días de PONMO, once locais de hostalería (A Estafeta, Vetula Ponte, Bar Timón, Casa Verdún, Bárbol, Pontetapas, Asador O Forniño, Pintxo Viño, A Creperie, A Taberna Zentola e Posada Indiana) participarán no certamen Tapa #Ponmo. Ofrecerán aos seus clientes tapas a un prezo de 1.50 euros. Complétase con Cóctel #Ponmo, para a hostalería nocturna, e coas festas que se celebrarán tanto o venres como o sábado en varios establecementos do centro histórico.
Relacionadas:
-
Mónica Guillán e María Viqueira, triunfadoras do certame de novos deseñadores de PONMO
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O talento de cinco ex alumnos de Esdemga deslumbra na inauguración de PONMO
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Carmen Lomana aportará o seu 'glamour' a PONMO: acudirá o desfile do sábado
Por Redacción |
-
Un apoio 'real' para PONMO: Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, participará no certame
Por Redacción |
-
As novas tendencias da moda galega, en Pontevedra: 20 deseñadores e cinco empresas estarán en PONMO
Por Alejandro Espiño |