Deter o reloxo, consellos para un cambio de imaxe
A pel comeza a envellecer a partir dos 25 anos, son só pequenos signos e dependen en gran medida da xenética, a exposición solar, o tabaco, a tensión... podemos apreciar pequenas engurras ao redor dos ollos, algunha imperfección cutánea como manchas ou marcas por acne.
Desde hai case un ano, o uso da máscara condicionou a aparición de acne en persoas que antes non o padecían.
Estes signos irán en aumento e, a partir dos 40 anos, os cambios son máis acusados xa que imos producir menor cantidade, e de máis baixa calidade, de coláxeno e elastina. A pel perde firmeza e vólvese máis fina, facéndose visibles engurras profundas, sequidade cutánea e manchas.
Pero as estruturas profundas tamén se resenten: pérdense os depósitos graxos profundos, os músculos perden volume e vólvense fláccidos e o óso reabsórbese, sobre todo en pálpebras, pómulos e ao redor da boca.
Un tratamento para cada persoa
Con tantos factores asociados e tantos fenómenos fisiolóxicos concorrentes, deter o reloxo convértese por necesidade na suma de varios actos, médicos e cirúrxicos, para actuar sobre cada un deles.
Mellorar a hidratación e a calidade da pel mediante peelings e mesoterapia, diminuír as engurras empregando botox e ácido hialurónico e recuperar o volume mediante substancias de recheo máis profundas é unha das estratexias para abordar o paso do tempo. Estas técnicas forman parte da carteira de servizos que desenvolve a Unidade de Medicina Estética do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
Noutras ocasións é necesario extirpar a pel sobrante como a das pálpebras, retensar os músculos realizando un lifting facial, recuperar o volume dos beizos e dos pómulos mediante lipotransferencia. Tratamentos específicos da Cirurxía da Muller do que o Servizo Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é especialista.
En cada paciente o proceso de envellecemento é máis acusado a diferentes niveis, por iso, non existe un tratamento único, senón un específico para cada persoa.
A capacidade de establecer estas diferenzas no diagnóstico e a terapéutica é o que fai necesaria a valoración por un médico especialista, con capacidade para integrar os distintos tratamentos adecuados para cada paciente.
Cinco consellos para afrontar un cambio de imaxe
• Busca sempre un resultado o máis natural respecto ao teu aspecto
• Evita o efecto "alfombra vermella" de imitar os tratamentos dos personaxes famosos
• Renuncia ao tabaco, o alcol e o exceso de azucre, xa que aceleran os procesos de oxidación celular e, en consecuencia, do envellecemento cutáneo
• Non tomes o sol nas horas centrais do día e usa protección solar todos os días
• Dorme 8h e, na medida do posible, evita a tensión
* Este artigo foi elaborado por:
María Jesús Álvarez, Xefa do Servizo de Cirurxía Plástica Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez
Virginia Archanco, Unidade de Medicina Estética Quirónsalud Miguel Domínguez
Relacionadas:
-
A solución médica e segura para quitarse o 'flotador'
Por Noticia patrocinada |
-
Rexuvenece o teu rostro e prepárao para recibir a primavera
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud incorpora á Doutora Virginia Archanco e pon en marcha unha Unidade de Medicina Estética
Por Redacción |
-
María Jesús Álvarez dirixirá o novo servizo de Cirurxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |