A senda peonil entre Noalla e a praia da Lanzada custará 760.000 euros
Por Redacción
O Goberno da Deputación ven de aprobar o convenio co Concello de Sanxenxo que permitirá desenvolver o esperado proxecto de seguridade viaria e a construcción dunha senda peonil na estrada provincial 9212 entre Noalla e a praia da Lanzada. O orzamento para esta actuación acada os 760.000 euros, dos que a Deputación aportará o 70% e o Concello o 30% restante.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou que "falamos, dun proxecto moi potente e pensado para as persoas, con prioridade peonil".
A senda se desenvolverá nun tramo de 1,2 quilómetros da citada estrada, "nun dos lugares máis fermosos da nosa provincia e que merece que as súas infraestruturas teñan un tratamento adecuado á contorna".
A actuación central será a construción da senda peonil de tres metros de ancho, que se habilitará na marxe dereita da estrada e discorrerá paralela o seu actual trazado en plataforma única, salvo algunhas zonas onde vai ser necesario facer plataformas de convivencia debido ao escaso ancho da estrada, sempre con prioridade para as persoas.
Tamén se prevé a execución do reforzo do firme na plataforma para o paso de vehículos e a renovación da sinalización horizontal e vertical para manter a seguridade.
Tras esta aprobación do convenio por parte da Xunta de Goberno, Deputación e Concello de Sanxenxo asinarán proximamente o documento para a inmediata redacción do proxecto e a súa posterior licitación.
Relacionadas:
-
A Deputación e o Concello de Sanxenxo construirán outra senda peonil desde a igrexa de Noalla ata o vello cuartel
Por Oskar Viéitez |
-
Noalla estreará a senda peonil cara a praia da Lanzada antes do próximo verán
Por Redacción |
-
Avanzan os traballos nas zonas verdes da senda entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
A exploración no xacemento da Lanzada retomarase a semana que vén
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Sanxenxo mellorarán a seguridade viaria en varias estradas
Por Redacción |