Barber Bootcamp, a formación máis innovadora en técnicas de barbería e corte de pelo chega a Pontevedra
Nos últimos anos, unha nova tendencia en barbería foise abrindo camiño nun sector no que o home se atopaba con moi poucas alternativas para o coidado do seu pelo. As perruquerías masculinas apenas evolucionaran e os salóns unisex adoecían de falta de especialización. Un fenómeno casual, o das barbas hipster, provocou unha revolución nun modelo de negocio que ao fin se adaptaba ao século XXI.
Na actualidade, o concepto de ‘barber shop’, locais cunha acolledora decoración vintage onde a barbería e o salón de corte convértense en auténticas experiencias para o cliente, relanzou o oficio de barbeiro ata o punto de converterse nunha saída laboral cun gran futuro.
O mercado da barbería demanda novos perfís profesionais, cun alto grao de especialización. Neste contexto nace MB Studio, unha escola que xa está a revolucionar a formación en barbería-perruquería cun equipo novo e dinámico, composto por profesionais cunha traxectoria de éxito e referentes no sector. Nestes momentos prepara o lanzamento da súa primeira formación nun formato altamente innovador: o "bootcamp".
BARBER BOOTCAMP, FORMACIÓN INTENSIVA E INNOVADORA
"A idea fundamental do Barber Bootcamp é que a xente se forme e que atope traballo". Deste xeito tan directo, os responsables de MB Studio resumen as bases desta formación, na que destaca o seu formato intensivo. O sector da barbería-perruquería necesita incorporar traballadores cualificados de inmediato e en MB Studio deseñaron un plan de estudos intensivo para facilitar o acceso ao mercado laboral.
"Bootcamp" é unha metodoloxía nada en Estados Unidos nos campamentos militares, onde se planificaban adestramentos de curta duración e intensivos perfectamente deseñados para en pouco tempo obter un máximo rendemento. Esta metodoloxía trasladouse ao ámbito empresarial con grande éxito. E agora chega a Pontevedra en forma de Barber Bootcamp, a formación en barbería-perruquería masculina que dotará aos futuros barbeiros e barbeiras de todas as técnicas para dominar o oficio en 4 meses.
A clave está en que, aínda que se trata dunha formación nun curto período de tempo, a carga lectiva é alta e moi intensiva co obxectivo de que aqueles que se formen en MB Studio entren no mercado laboral canto antes.
BARBEIROS & DOCENTES
Unha das grandes apostas de MB Studio foi reunir a un equipo de profesores que sabe perfectamente como se move o negocio da barbería-perruquería e que técnicas hai que dominar para ter un negocio de éxito. Un reto así só poden asumilo profesionais que traballan na súa propia barbería, onde están en contacto día a día co cliente, coñecen as súas necesidades e seguen ao detalle as últimas tendencias.
O staff de profesores dota á formación dun selo de calidade e facilita o paso dos alumnos ao mundo laboral. David Cores, desde a dirección creativa de Crazy Barber Hear Studio achegará as súas especialidades de corte Old School, cor e cor fantasía; Dany Ferrer, xerente de GF Perruqueiros, exhibirá a súa arte en freestyle, hair tattoo e potentes degradados; e Fabio Puertas, fundador de Fabio Puertas Barbería, ensinará todos os segredos dos cortes Old & New School e das posibilidades do traballo coa barba.
Este equipo profesional non só mostrará aos alumnos as últimas tendencias en barbería e perruquería masculina, senón que participará activamente para que os futuros barbeiros e barbeiras dominen o traballo cos útiles e ferramentas que se usan nos mellores salóns profesionais. Co valor engadido de que estes materiais, da máxima calidade, van incluídos no Barber Bootcamp, de modo que se lle entregarán ao alumno para que siga usándoos no seu traballo como barbeiro profesional.
FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL
Outro dos puntos fortes da escola é o apoio na procura de emprego. A partir dunha análise personalizada do perfil do alumno oriéntaselle no mercado e MB Studio actúa como intermediador laboral coas empresas punteiras no sector da barbería-perruquería coas que a escola ten convenios e que buscan continuamente persoal para contratar.
As empresas coas que se establecen os convenios para favorecer a inserción laboral son as mesmas nas que os alumnos poderán consolidar os seus coñecementos no mes final de prácticas, sempre tutorizadas e con seguimento por parte do equipo docente. Será o último paso da formación na que prima a metodoloxía "learning by doing", é dicir, "aprender facendo" a través dun itinerario formativo moi práctico e experiencial.
ESTRUTURA DA FORMACIÓN
O primeiro mes practícase con manequíns porque é unha fase moi inicial, onde se aprenden as bases do oficio. O segundo mes empézase a práctica con xente "real" na aula. No terceiro e cuarto mes increméntanse as horas de práctica ata dominar todas as técnicas. E é neste último mes cando o alumno alternará a formación, pola mañá na aula e, pola tarde, na empresa onde realizará as súas prácticas nun salón profesional e de fronte ao público.
En MB Studio destacan a importancia de que unha persoa que monta a súa propia barbería teña un coñecemento máis aló do técnico específico do oficio. Porque tan importante é que o cliente teña un bo corte de pelo como que se sinta ben atendido e satisfeito pola experiencia vivida e que, loxicamente, queira volver.
O bo trato e saber manexar os tempos na atención ao cliente para que se sinta único e ben tratado son habilidades que só profesionais en activo poden ensinar, e un dos puntos nos que a escola presta especial atención.
Outro aspecto complementario da formación en técnicas de barbería e corte de pelo masculino é a creación dunha marca propia e a súa difusión en redes sociais. Nunha profesión onde a imaxe é fundamental, ensinar ao alumno dun modo práctico e con exemplos reais a crear unha marca persoal e aproveitar todas as posibilidades do márketing en liña é un valor engadido que ofrece o Barber Bootcamp.
Este asesoramento profesional con formadores con ampla experiencia no mundo da empresa inclúe tamén contido específico en emprendemento, é dicir, para que aqueles alumnos que teñan inquietudes para montar a súa propia barbería saiban como dar os primeiros pasos e as necesidades que un negocio deste tipo precisa.
BARBER COMBAT
Un formato tan novo como o Barber Bootcamp só podía culminar no alto. O Barber Combat, traducido literalmente como "combate de barbeiros", é un evento no que se vai a convidar as barberías referencia no sector para que os alumnos se presenten a eles mesmos como barbeiros xa formados e demostrar o que aprenderon na formación. Deste xeito, as empresas avaliarán en directo as destrezas dos alumnos no manexo das técnicas de barbería e corte de pelo, coa idea de que deste Barber Combat saian contratacións e facilitar deste xeito a inserción laboral dos alumnos.
PRAZAS LIMITADAS
O 12 de abril comezarán as clases do Barber Bootcamp. Esta primeira formación chega cun prezo promocional de lanzamento e prazas limitadas. Así que desde MB Studio animan a todas aquelas persoas interesadas en dedicarse á barbería profesional visiten xa a páxina web www.mb-studio.es ou se acheguen polas instalacións da escola na rúa Virxe do Camiño, 24 de Pontevedra onde lles responderán a todas as súas consultas e informaráselles sen compromiso.
Ademais, o mércores 7 de abril ofrecerase unha sesión informativa onde se aclarará calquera cuestión que poida xurdir. Para esta sesión, debido ás limitacións de aforo determinadas polas autoridades sanitarias relacionadas coa covid-19, hai que anotarse previamente contactando coa escola.