O novo aparcamento disuasorio de Seixo entra en funcionamento
Por Redacción
Os veciños e visitantes de Seixo teñen xa á súa disposición un novo aparcamento público disuasorio.
A parcela, situada á altura do número 120 da Rúa Doutor Otero Ulloa, conta cunha superficie de 824 metros cadrados na que se prevé unha capacidade de entre 35 e 40 vehículos.
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage, visitaron este venres o aparcamento para comprobar o estado da actuación levada a cabo tras a súa apertura ao público.
Ramallo adiantou que nas próximas semanas presentarase unha campaña relativa a este tipo de instalacións que axudará á cidadanía "a localizar e utilizar estes aparcamentos, que son céntricos e supoñen unha alternativa de estacionamento perfecta para cando precisamos deixar o noso vehículo un tempo medianamente longo".
No caso de Seixo esta nova zona de estacionamento gratuíta atópase nun lugar estratéxico, moi próximo aos puntos de interese máis importantes da parroquia.