A Gala do Turismo rende homenaxe ao "traballo e sacrificio" do sector
Por Oskar Viéitez
Todo un espectáculo visual e musical no que o sector turístico da provincia de Pontevedra foi o verdadeiro protagonista. A Gala Provincial do Turismo da Deputación regresou este mércores ao Auditorio Mar de Vigo cunha vangardista cerimonia na que se viviron momentos especiais de principio a fin.
Os "Momentos Rías Baixas" son o eixo da campaña 2021 da Deputación, e a actriz Celia Freijeiro encargouse de levar ao público por unha viaxe pola provincia.
Os chefs e os seus equipos nos sete restaurantes con estrela Michelin das Rías Baixas foron nomeados embaixadores, Pablo Méndez Performance sorprendeu cun espectáculo no chan e en altura con personaxes de fantasía, e Laura LaMontagne, xunto a Pico Amperio, puxo a banda sonora en vivo coa súa voz e ritmos electrónicos.
Todo elo con 150 persoas que puideron vivir a Gala de forma presencial, con todos os protocolos de seguridade, evento que foi televisado e retransmitido por streaming ao través da web e das redes sociais institucionais.
A Gala contou coa asistencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero, como anfitrión, amais de alcaldes, alcaldesas e representacións de Pontevedra, Vilagarcía, O Grove, Lalín, Sanxenxo, Redondela, Cambados, Meis, Baiona.. e así ata de 42 concellos da provincia, e responsables de Mancomunidades como a do Salnés.
Tamén acudiron os representantes sectoriais, entre eles o Clúster de Turismo, as denominacións de orixe, os Festivais Rías Baixas, os Rías Baixas Film Fests, e entidades que representan ás axencias de viaxes, de aloxamento, turismo activo e culturais, xunto coas empresas que participaron na aceleradora TurisTIC, amais de medios especializados.
Na Gala, foron homenaxeadas 136 empresas distinguidas co selo do Sistema Integrado de Calidade en Destinos Turísticos (SICTED), un dos obxectivos centrais da celebración do evento.
A concelleira de Turismo, Yoya Blanco, recibiu o distintivo SICTED outorgado ao Concello de Pontevedra.
Na súa intervención, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción por poder volver a facer "a gran noite do turismo na provincia".
Relacionadas:
-
RADIO.- Días de penitencia para o turismo de Rías Baixas e á espera da resurrección
Por Marisa Ciordia |
-
O vídeo promocional das Rías Baixas "Segue o teu instinto" conquista o seu primeiro premio internacional
Por Redacción |
-
O Goberno provincial favorece a contratación de 757 persoas e aproba axudas para actividades turísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Os cociñeiros con Estrella Michelín serán nomeados embaixadores de Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |