As obras de saneamento no ámbito do río Lameira durarán un ano
Por Redacción
En cuestión de semanas comezarán os trámites para expropiar os terreos que se necesitarán para mellorar o saneamento no ámbito do río Lameira, unha das actuacións incluídas no plan de saneamento da ría de Pontevedra.
Estas obras, nas que se investirán 3,6 millóns de euros, terán un prazo de execución dun ano, polo que as autoridades confían en que estean rematadas antes de 2023.
A Xunta, a través de Augas de Galicia, achegará o 80% do orzamento, case 2,9 millóns de euros, e o Concello de Marín o 20% restante, 720.000 euros. Así consta no convenio que asinaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa, María Ramallo
O proxecto ten como obxectivo definir as actuacións necesarias para mellorar a rede de saneamento da zona do río Lameira, renovando o colector xeral nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada autonómica PO-313, en Coirados, ata Ponte Zapal, no casco urbano, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.
A actuación inclúe a xestión das augas pluviais do sistema unitario da conca do río Lameira, en tempo de chuvia, coa construción dun elemento regulador dos caudais enviados augas abaixo que, bombeados en dúas etapas, rematan finalmente na depuradora.
Os traballos recollen a mellora da estación de bombeo, situada no punto baixo o sistema de saneamento e que presenta deficiencias, tanto hidráulicas que orixinan frecuentes alivios ao medio como de explotación pola ausencia de equipos para a xestión eficiente.
Ademais, o proxecto abrangue a mellora ambiental do río Lameira, degradado polos residuos ou a invasión de maleza. A reparación do leito abrangue a construción dun acceso polo bordo exterior da zona de servidume, así como intervencións para eliminar obstáculos, reconstruír muros e retranquear peches.
Relacionadas:
-
Publícase o decreto para a expropiación dos terreos afectados polo saneamento do río Lameira
Por Redacción |
-
Días de limpeza dos leitos nos ríos que cruzan a vila
Por Redacción |
-
Nove candidatos para redactar o proxecto de mellora da estación de bombeo de Mogor
Por Redacción |
-
A Consellería contesta á Plataforma de Lourizán sobre o proxecto de "Saneamento do Río Lameira"
Por Oskar Viéitez |
-
Axilízanse os trámites para acometer as obras de mellora da rede de saneamento na contorna do río Lameira
Por Redacción |
-
O saneamento do río Lameira inclúe a construción dunha pista de skate e BMX
Por Redacción |
-
A mellora do colector do Río Lameira ascende a case 4 millóns de euros
Por Redacción |