Este mércores conclúe o cribado de poboación nas farmacias para detectar casos covid
Por Redacción
Este mércores 24 de marzo finaliza o programa desenvolvido nas farmacias para a detección do virus SARS-CoV-2 entre a poboación da provincia de Pontevedra. Esta iniciativa desenvólvese desde o 9 de febreiro a través do sistema de auto recollida de mostras de saliva.
A entrega dos tubos de mostra pódese realizar ata este mércores. Ata o momento, o balance que realizan a Consellería de Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra é "moi positivo" porque o cribado permitiu detectar a presenza de 74 casos activos asintomáticos, que podían transmitir o virus. A cifra supón o 0,2% de positividade entre todas as mostras realizadas.
381 farmacias da provincia participaron nesta campaña cun cribado realizado a 40.460 persoas. O Laboratorio de Microbioloxía da área sanitaria de Vigo encargouse de analizar 38.125 mostras por PCR aplicando a coñecida como técnica de pooling.
Alba Soutelo, presidenta do Colexio de Farmacéuticos, sinala que este cribado de pontevedreses con idades comprendidas entre 40 e 64 anos termina este mércores, pero a colaboración entre o Colexio que preside e a Consellería de Sanidade mantense na loita contra a covid-19. Avanza que é moi probable que despois de Semana Santa póñase en marcha outro cribado con outro rango de idade en colaboración coas farmacias da provincia.
Relacionadas:
-
Cribado a menores nas farmacias: "son máis asintómaticos e poden estar a se converter en auténticos focos da enfermidade"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Sergas apenas fixo 275 PCR nas últimas 24 horas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Paso atrás de Sanxenxo que volve ao nivel alto de restricións pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
As persoas que participaron no cribado en farmacias poden repetir a proba
Por Oskar Viéitez |
-
De 15.040 mostras de saliva recollidas nas farmacias da provincia, 30 resultaron positivas
Por Oskar Viéitez |
-
O programa de cribado nas farmacias xa deixou os primeiros positivos de covid-19
Por Natalia Puga |
-
A cidadanía acode masivamente ás farmacias para solicitar os kits de recollida de saliva
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |