Sanxenxo inviste cada ano 1,7 millóns de euros en reforzar os servizos da tempada alta
Por Redacción
Como é ben coñecido Sanxenxo multiplica ata por sete a súa poboación durante os meses de verán, converténdose na terceira cidade galega en poboación. A chegada de visitantes concéntrase especialmente nos meses de xullo e agosto, pero afortunadamente, a diferenza do que ocorría hai anos, os meses de xuño, setembro e outubro cada vez atraen máis público.
Todo iso obriga a reforzar servizos e contratar persoal extra (case 200 persoas) durante un período cada vez máis amplo, o que supón un gasto anual de 1.757.523 euros que desagregamos no cadro inferior.
En 2020 o esforzo tivo que ser aínda maior debido á pandemia do covid, en concreto alcanzou os 2.473.413 euros, o que supón 715.890 euros máis do que viña sendo habitual.
Este ano, aínda que o alcalde Telmo Martín reitera que a situación sanitaria no verán será mellor que en 2020 o goberno conta que vai ter que seguir facendo un gasto extra, que o tempo e a evolución da situación sanitaria determinarán ata onde chegará.
En calquera caso, o goberno asegura estár preparado para asumir o que sexa necesario para que Sanxenxo siga sendo un destino seguro.
A maior parte do gasto da tempada alta destínase ao equipamento, o mantemento e a seguridade nas praias, seguido da recollida de lixo e a limpeza viaria, a seguridade cidadá (contrátanse ata 40 auxiliares de policía) e, por último, o tráfico e a seguridade viaria.
O goberno considera que o diñeiro que se destina a reforzar os servizos é un "investimento moi produtiva", entre outras razóns, por que a tempada alta saca do paro a máis de 600 veciños.
Co obxectivo de mellorar os servizos da tempada alta o goberno foi poñendo en marcha unha serie de medidas nos últimos anos. A primeira, centralizar a xestión dos servizos de verán en Turismo de Sanxenxo un organismo máis áxil que a entidade local, outra medida foi impulsar servizos de maior calidade, como o balizamento das praias o ano pasado e o servizo de salvamento e socorrismo e os quioscos este ano.
Relacionadas:
-
Chegan os novos quioscos ás praias de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
A xestión do servizo de salvamento e socorrismo de Sanxenxo interesa a catro empresas
Por Redacción |
-
Sanxenxo priorizará a calidade e innovación fronte ao prezo na adxudicación dos quioscos de praia
Por Redacción |
-
Sanxenxo dará axudas directas municipais a negocios e autónomos do sector turístico
Por Redacción |
-
Empresarios de Sanxenxo piden solucionar o "nefasto" servizo de internet no municipio
Por Redacción |
-
O servizo de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios estará activo entre xuño e setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo gastou preto dun millón de euros nas praias durante a tempada alta
Por Oskar Viéitez |