A Deputación 'ficha' para a súa Facultade Ágora a Jan Gehl, estrela da arquitectura mundial
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, anunciou este xoves a incorporación do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl a equipo de relatores da denominada Facultade Ágora, a iniciativa de formación impulsada polo departamento de Mobilidade destinada a persoal político e técnico da provincia para ampliar coñecementos sobre como recuperar espazo público e crear cidades e vilas amables para aumentar a calidade de vida da cidadanía da provincia.
Jan Gehl é toda unha estrela da arquitectura mundial, formado en arquitectura na Real Academia de Belas Artes de Dinamarca, é profesor de planificación urbana na mesma institución. Na súa prestixiosa carreira impulsou o modelo de cidade a escala humana, centrándose na persoa como "unidade de medida" no deseño urbano. Defende a mellora de calidade da vida urbana baseada na recuperación da peonalización e o uso da bicicleta, outorgando especial importancia ao espazo público.
César Mosquera destacou que Gehl e o seu equipo de 50 arquitectos colaborou en proxectos para as cidades de Copenhague, Londres, Melbourne, Sídney, Shanghái, Riga, Amman, Moscova ou Nova York onde foi o artífice de desafíos como peonalizar Broadway.
Autor de máis de 30 libros que defenden a reconquista cidadá das rúas Jan Gehl é ademais membro honorario dos institutos de arquitectos de Dinamarca, Inglaterra, Escocia, Estados Unidos e Canadá, foi galardoado co Premio Sir Patrick Abercrombie polas súas "contribucións exemplares na planificación urbana" pola Unión Internacional de Arquitectos e foi recoñecido co título honorífico de doutor honoris causa polas universidades de Edimburgo, Heriot-Watt, Varna e Toronto.
César Mosquera valorou esta noticia como "sumamente grata" a incorporación á Facultade Ágora deste "gran referente mundial".
Ademais de Jan Gehl, algunhas das persoas xa confirmadas para o profesorado da Facultade Ágora son Carlos Moreno urbanista asesor da alcaldesa de París Anne Hidalgo e teórico da ‘Cidade dos 15 minutos’; Zaida Muxi, coñecida pola súa experiencia en cuestións de espazo e xénero; Francesco Tonucci, pedagogo fundador de ‘A Cidade dos Nenos’; María Ángeles Durán, Catedrática e investigadora do CSIC; o arquitecto José Fariña autor dun blogue sobre pedagoxía, urbanismo e territorio; Rubén Lois, doutor en Xeografía da USC; Izaskun Chinchilla, autora de ‘A cidade dos coidados’; José María Ezquiaga, Premio Nacional de Arquitectura; Marta Román, experta en proxectos de mobilidade infantil e consultora en Gea21; Salvador Rueda, Director da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona; e Alfonso Sanz, autor de ‘Acougar el tráfico’, entre outros.
Relacionadas:
-
Xornada inaugural da Facultade Ágora, unha iniciativa para promover a transformación dos espazos públicos
Por Redacción |
-
Os expertos da 'Facultade Ágora' alertan da "urxente necesidade" de facer as cidades máis vivibles e saudables
Por Redacción |
-
A Deputación inaugura a Facultade Ágora para formar acerca dos usos dos espazos públicos
Por Redacción |
-
A arquitecta Zaida Muxí e a enxeñeira Paula Teles, dentro do plantel de especialistas mundiais da 'Facultade Ágora'
Por Oskar Viéitez |
-
A Facultade Ágora aumenta as prazas e prorroga a preinscrición ante a gran demanda xerada
Por Redacción |
-
A 'Facultade Ágora' da Deputación terá entre o seu profesorado ao asesor da alcaldesa de París
Por Oskar Viéitez |
-
A 'Facultade Ágora' é avalada polos colexios oficiais como unha iniciativa "ambiciosa" e "necesaria"
Por Redacción |
-
A Deputación crea a "Facultade Ágora" tras detectar un "déficit de coñecemento" no tratamento do espazo público
Por Oskar Viéitez |