Sogama materializa a adquisición de sete terreos do Polígono de Vilanova para a nova planta de compostaxe
Por Redacción
Sogama xa é propietaria de sete parcelas do polígono de Baión, no municipio de Vilanova de Arousa, despois de que este mércores o presidente de Sogama, Javier Domínguez, e a xerente de Chan Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, asinasen o acordo de compra deses 20.000 metros cadrados por un importe de 1.545.332 euros.
O proxecto que ten previsto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para eses terreos céntrase na instalación de dúas naves pechadas e impermeabilizadas, nas que está previsto o tratamento dos residuos orgánicos que se reciban de ao redor de 25 municipios da contorna.
Esta planta contará coas últimas tecnoloxías de procesado, segundo a empresa pública Sogama, ademais de control de cheiros e de ruído, cun funcionamento a través de enerxía renovable, con paneis solares.
A capacidade de tratamento alcanzará as 15.000 toneladas anuais de fracción orgánica de residuos domésticos e outras 7.000 toneladas procedentes de podas e de restos de madeira. Sogama calcula que con este material produciranse 6.000 toneladas ao ano de compost de alta calidade. Este compost será despois destinado ao sector da agricultura como abono natural en lugar do uso de fertilizantes artificiais.
A Consellería contempla un investimento de 15,5 millóns de euros na creación desta planta. Con esta operación e as últimas realizadas polo SEXA durante os últimos meses, o polígono industrial pasa dun 15% a un 40% de ocupación.
Relacionadas:
-
Sogama financiará con preto de 150.000 euros proxectos ambientais en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Tres empresas máis se instalarán no polígono de Baión
Por Oskar Viéitez |
-
O pontevedrés Javier Domínguez é convidado polo Goberno de Navarra para expoñer o labor de Sogama
Por Noticia patrocinada |
-
Maica Larriba aborda coa xerente do SEA a situación dos parques empresariais da provincia
Por Manu Otero |
-
O grupo Vinova inicia a construción dun centro loxístico e de produción no polígono de Baión
Por Redacción |
-
O polígono industrial de Baión triplica nun ano a súa ocupación
Por Redacción |
-
Xestur analiza as ofertas de 20 empresas pola compra de solo industrial a prezo bonificado
Por Oskar Viéitez |
-
Asinado o contrato para a redacción do proxecto da planta de compostaxe de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
A Xunta compra sete parcelas en Baión para construír a planta de Sogama
Por Redacción |
-
A nova planta de compostaxe de Vilanova dará servizo a 25 municipios e xerará 30 postos de traballo
Por Redacción | Creada e actualizada