O ritmo na baixada nos casos activos de covid fréase na área sanitaria, con 20 hospitalizados
Por Diego Espiño
Os casos activos de coronavirus seguen baixando na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pero fano xa un ritmo moito menor e próximo á estabilización, segundo despréndese da actualización de datos oficiais realizada polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas deste mércores 17 de marzo.
Este balance reflicte que as infeccións activas na área pontevedresa son actualmente 222, o que supón oito menos que a xornada anterior.
A cifra de novos contaxios leva dous días próximo á decena. Nesta ocasión detectáronse 11 positivos, sendo inferior ao número de altas epidemiolóxicas resgistradas, 19.
O descenso déixase notar tamén aos poucos nos hospitais, con 20 pacientes positivos en covid ingresados (dous menos). Deles 13 permanencen en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (9) e o Hospital do Salnés (4), mentres que 7 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, sen cambios.
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 12.192 persoas na área Sanitaria, rexistrándose 161 falecementos de persoas coa infección activa, a última un home de 85 anos no Hospital de Montecelo.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico o número de casos activos é actualmente de 2.658, o que supón un leve descenso de 27 afectados.
En Galicia hai 58 pacientes infectados por coronavirus na UCI (sete menos), e 235 atópanse ingresados nunha planta hospitalaria (13 menos). Na comunidade faleceron 2.306 persoas con covid, ao sumarse tres mortes nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Dous hospitalizados menos por covid na área sanitaria, con 11 ingresados en planta e 7 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
Bares e restaurantes poderán abrir ata as 21:00 horas e terán máis aforamento
Por Alejandro Espiño |
-
O Hospital Montecelo suma unha nova vítima pola covid, un home de 85 anos
Por Redacción |
-
As hospitalizacións por covid caen lentamente na área sanitaria, con 230 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos por covid-19 baixan a 244, dos que 25 siguen hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |