A Xunta alerta do impacto que suporá o peche de Ence no sector forestal galego
Por Oskar Viéitez
A Xunta alerta do impacto para o emprego no sector forestal galego que suporía o peche de Ence "se o Goberno central non modifica o artigo 18 da futura da Lei de Cambio Climático e a Transición Ecolóxica".
Así llo trasladaron representantes do sector este martes nunha reunión co vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.
No encontro participaron membros de asociacións de propietarios forestais, de subministración de transporte, de aproveitamento forestal, así como o responsable de loxística forestal de Ence.
O Goberno galego advirte de que "o peche afectaría á actividade industrial e aos postos de traballo que xera en Galicia, xa que a factoría supón arredor de 5.000 empregos directos e indirectos cun total de 250 empresas de Pontevedra que traballan para Ence". Ademais, trátase do segundo comprador de madeira en Galicia, polo que "o impacto, ademais dos traballadores da factoría, esténdese a todo o sector forestal e ao ámbito loxístico".
A Xunta destaca que se vai manter "ao lado dos traballadores e produtores" debido a que a actividade industrial de Ence na ría de Pontevedra resulta "fundamental para o emprego de moitas familias, máxime nun momento de crise laboral debido á covid-19".
Por iso, o Goberno galego incide en que "a única solución para que Ence continúe en Galicia é a modificación do artigo 18 para evitar a súa saída".
Relacionadas:
-
Comisións Obreiras busca en Bildu e Esquerra Republicana apoios para cambiar a Lei de Transición Ecolóxica
Por Redacción |
-
O escrache ao alcalde por ENCE acaba nos xulgados
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta non condena o escrache ao alcalde e reitera que ENCE ten unha "concesión legal"
Por Alejandro Espiño |
-
Emprego en Galicia ou en Asturias: a decisión que, segundo a Xunta, debe tomar o Goberno sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |