A ponte do río Loira estrea varanda
Por Redacción
O Concello de Marín vén de rematar os traballos de substitución da varanda da ponte sobre o río Loira, unha actuación que custou máis de 10.000 euros, e que supón unha importante mellora non só da seguridade da ponte, senón tamén da estética deste espazo en Soaxe, na parroquia de Seixo.
A varanda da ponte, ademáis de ter un importante impacto visual na paisaxe, tamén era un risco de seguridade por atoparse en mal estado.
No que respecta á estrutura, a ponte mantén un bo estado, pero esas proteccións laterais existentes presentaban un estado ruinoso, que precisaba dunha actuación urxente.
Tamén se realizou unha substitución da capa da rodadura existente, para poñer unha solera de formigón que homoxeniza o espazo de tránsito.
POSTA EN VALOR DUNHAS ANTIGAS ESCALEIRAS
O lugar de Soaxe tamén foi obxecto do encintado e da posta en valor dunhas antigas escaleiras, que son moi utilizadas pola veciñanza para cruzar desde a Avenida Doutor Otero Ulloa á Estrada Vella.