Galicia seguirá vacinando con AstraZeneca aos menores de 55 anos
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou este venres que Galicia seguirá vacinando con AstraZeneca aos menores de 55 anos.
"Galicia recibió el lote (de AstraZéneca) y se está acotando quién ha recibido la vacuna, pero de momento no se hará nada diferente a lo que recomiendan las agencias" dixo o conselleiro lembrando que tanto a Axencia Española do Medicamento como a europea non recomendou paralizar a vacinación.
"Seguiremos vacinando" dixo o conselleiro en relación ás vacinacións masivas previstas para este sábado. En todo caso engadiu que se os criterios cambian tomarase esa decisión.
García Comesaña compareceu en rolda de prensa despois dunha nova reunión do comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia e que decidiu que a partir do luns Vilanova de Arousa e Ponte Caldelas pasarán de nivel alto a nivel medio. Do mesmo xeito que ocorre coa Pobra do Brollón, Lourenzá, Miño, Cariño, Mugardos e Guitiriz.
Mantense no nivel máximo de restricións só a cinco concellos: A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela. E outros catro: Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada, permanecerán en nivel alto, é dicir, coa mobilidade limitada ao propio concello e hostalería só en terraza.
O conselleiro de Sanidade adiantou que o martes que vén revisarase o toque de queda seguindo o plan de Semana Santa acordado co Ministerio que contempla amplialo ás 23 horas.
O doutor Pedro Rascado, intensivista do Complexo Hospitalario de Santiago e membro do comité clínico, advertiu de que "estas semanas son muy importantes para evitar una cuarta ola" polo que lembrou que "tenemos que ser prudentes" e reducir ao mínimo o grupo de convivencia e "ir un poco más allá de las restricciones".
A incidencia acumulada en Galicia continúa á baixa, cunha taxa a 14 días de 83 e a sete días de 35.
Relacionadas:
-
A partir deste mércores volverá administrarse a vacina AstraZeneca en Galicia
Por Redacción |
-
España reanuda a vacinación con AstraZeneca ao ser "segura e eficaz"
Por Alejandro Espiño |
-
Os galegos entre 70 e 80 anos comezarán a vacinarse a principios de maio
Por Alejandro Espiño |
-
Suspenden a administración da vacina AstraZeneca en España durante 15 días
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra e Vilagarcía superan con nota a súa primeira xornada de vacinación masiva
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |