Detidos o presidente do colexio de enfermería de Pontevedra, a súa muller e a súa filla
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, Carlos Fernández, a súa muller e a súa filla, foron detidos na operación pola que a unidade de delincuencia económica e fiscal (Udef) da Policía, adscritos á comisaría da Coruña.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, este caso, que está declarado secreto, leva polo Xulgado de Instrución número 2 de Vigo.
Séguese polos presuntos delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal.
As tres persoas investigadas pasarán a disposición xudicial entre este venres e o sábado.
Este xoves realizouse rexistros no seu domicilio e na propia sede colexial que está en Vigo.
O pasado mes de xaneiro PontevedraViva publicaba as denuncias do secretario do colexio de enfermería pontevedrés, José Faustino Portela, quen acusaba ao presidente, Carlos Fernández, de "afundir" a institución coa súa xestión, e sacaba á luz a existencia de dúas condenas ao colexio de enfermería de Pontevedra ao pago de cotas ao Consello Xeral de Enfermería de España.
INGRESO EN PRISIÓN
O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do presidente do colexio de enfermería de Pontevedra, da súa muller e a súa filla.
Os tres investigados na causa acolléronse ao seu dereito a non declarar. O xulgado tamén decretou o levantamento do secreto das actuacións