Ponte Caldelas tramitou 23 expedientes por vehículos abandonados nos últimos catro anos
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas tramitou, dende o 1 de xaneiro de 2018 ata marzo de 2021, un total de 23 expedientes por abandono de vehículos.
Estes expedientes distribúense da seguinte maneira: 4 actas formúlanse por vehículos abandonados en rúas do casco urbano, concretamente dous vehículos na avenida de Galicia e dous en López Boullosa e as 19 restantes foron actas por coches descoidados en viais do rural: 5 en Buchabade, 3 en Taboadelo, 2 en Barbudo, 2 na Reigosa, 2 en Pazos, 1 en Laxoso, 1 en Xustáns, 1 na Roca e 1 en Mirón.
Por anos, 2018 acadou o maior número de expedientes con 7 actas; 8 no ano 2019; 5 en 2020 e 3 no que vai de 2021.
O Concello lembra que os vehículos abandonados están considerados como residuos e deben ser tratados como tal. A Policía Local de Ponte Caldelas é a encargada de xestionar administrativamente estes expedientes e as notificacións aos propietarios para a correspondente retirada do vehículo.
De ser necesario, ben sexa pola negativa do propietario a retirar o vehículo ou ben pola non identificación do titular do mesmo, os axentes poderían dar orde de retirada do coche a través do Servizo de Recollida de Vehículos Abandonados que o Concello de Ponte Caldelas ten concertado coa Deputación de Pontevedra, un sistema ao que poden acollerse os municipios de menos de 50.000 habitantes.