Pontevedra e o seu modelo de cidade participan no I Congreso de Centros Comerciais Abertos e Urbanos
Por Redacción
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, participaba na mañá deste xoves no I Congreso de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia onde explicou a relación entre o modelo urbano pontevedrés e o fomento do comercio local.
O congreso foi organizado polo Centro Comercial Aberto de Arteixo e reuniu durante dúas xornadas a diferentes relatores para abordar cuestións relacionadas coa promoción e apoio ao comercio local, campañas de dinamización, especialización para o pequeno comercio, incentivos ás vendas ou funcionamento para fortalecer o modelo de centro comercial aberto.
No caso de Pontevedra a cidade foi convidada a participar nunha mesa redonda sobre 'A adaptación das zonas urbanas á vida Covid e post Covid, experiencias dos Concellos', na que a concelleira de Promoción da Cidade expuxo os parámetros básicos do deseño urbano pontevedrés e en que medida contribúen ao desenvolvemento do comercio na cidade.
Neste sentido, salientou a aposta por dispor dun espazo público vivo e accesible para persoas con todo tipo de capacidades que, ao mesmo tempo, actúa como escaparate natural dos establecementos hostaleiros e comerciais. Tamén explicou como a rúa e as prazas da cidade se utilizan como escenario de diversas actividades festivas, culturais e deportivas, co obxecto de contribuír á dinamización económica da actividade comercial.
Anabel Gulías compartiu mesa redonda co ex-presidente da asociación 'Zona Monumental Pontevedra', Ernesto Filgueira, e con Carlos Bethencourt, o presidente de Zona Comercial Abierta Triana.
Relacionadas:
-
O modelo de cidade chegará esta primavera a Barcelona, Lisboa, Hamburgo, Évora e Madrid
Por Redacción |
-
'Cuadernos de Estrategia' do Ministerio de Defensa destaca a ordenación urbana de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Universidade de Canberra elabora un estudo sobre o efecto PO2
Por Redacción |
-
Pontevedra usará o 'Efecto PO2' para promocionarse como "destino seguro"
Por Alejandro Espiño |